Hoxe mércores 4 de novembro celébrase en Galicia o Día da Ciencia en Galego, para reivindicar o uso da lingua galega na investigación, na divulgación e nas aulas.
A propósito deste tema, sabías que Xulio Verne é considereado o pai da ciencia ficción? Foi un estudioso da ciencia e a tecnoloxía que pasaba moitas horas na biblioteca e estaba ao tanto dos avances científicos.
Durante o mes de novembro, o Mes da Ciencia, vanse desenvolver diferentes actividades na nosa cidade. Na rúa do Príncipe o Instituto de Investigaciones Marinas realizará Obradoiros de Ciencia Marina e na Biblioteca Pública Central o xoves 26 e venres 27 de 18:00 a 19:00 horas terá lugar a actividade " Tarde de microbios na Biblioteca Pública de Vigo" para nenos e nenas a partir de 4 anos con entrada de balde. Ademais durante este mes teredes conferencias e exposicións.

Un pouco máis lonxe, en Madrid e ata o mes de febreiro o Espacio Fundación Telefónica de ofrece a mostra Julio Verne. Los límites de la imaginación. Se picas na imaxe atoparás maís infomación sobre o autor e a exposición.