Grabado 1702 da batalla
A batalla librouse durante a Guerra de Sucesión Española entre as coalicións anglo-holandesa e franco-española. Galeóns españois escoltados por navíos franceses transportaban uns dos maiores tesouros procedentes de América.
O cruento e desigual combate remata coa morte de máis de 2000 homes do bando franco-español e de 500 da parte dos ingleses e holandeses, ademais de numerosos feridos e prisioneiros. As crónicas da época narran que o lume da batalla víase nas poboacións da contorna.
obra do pintor holandés Ludolf Backhuysen
No capítulo VIII da segunda parte do libro "20.000 Leguas de Viaxe Submarina" de Xulio Verne, o capitán Nemo entra na Ría de Vigo a bordo do Nautilus para aprovisionarse co ouro dos galeóns afundidos na batalla de Rande.
Fóra da ficción ao longo de século XX non foron poucos os que viñeron á nosa cidade co fin de atopar o codiciado tesouro.
Para rematar, sabías que no centro da cidade de Londres hai unha rúa que se chama Vigo Street? Adiviña por que.
Vigo Street imagen de Ivan PC en Flickr.com
Fontes: http://www.venasansimon.com/batalla.php
http://www.vilaboa.org/batallarande_cast.html
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/vigo/2015/10/25/ano-313-tras-batalla/0003_201510V25C6992.htm