mércores, 25 de maio de 2016

RUMBO A TERRANOVA

O día 19 de setembro na saída ao Museo do Mar de Galicia atopamos unha botella cunha mensaxe misteriosa. A partir dese día iniciamos o Proxecto Ardora, onde ao longo destes oito meses realizamos diferentes actividades e tarefas relacionadas especialmente con Vigo e o mar aínda que tamén tiveron cabida moitas outras dependendo dos intereses e motivacións de cada grupo.

O pasado xoves, cumplidos os oito meses, o alumnado de 1º e 2º de primaria redactou unha "mensaxe" á que  se adheriron  o resto de alumnado do cole. Como curiosidade contamos que Xulio Verne estivo en Vigo e que a nosa cidade sae mencionada na obra Vinte mil leguas de viaxe submarina. Tamén lle pedimos á persoa que atope a botella a leve a escola máis próxima para que as  nenas e nenos que a lean nos respondan e nos conten cousas sobre a súa escola e o lugar onde viven. 



Grazas a teacher Sara tamén a poidemos enviar en inglés porque quen sabe, ao mellor pode chegar moi lonxe...





Esta carta vai nunha botella destino a Terranova no Buque oceanográfico Vizconde de Eza  grazas a Eduardo López, biólogo do Centro Oceanografico de Vigo Estamos moi agradecidas e agradecidos con el pola súa amabilidade e por facer posible que esta actividade se poda levar a cabo. 



O luns 23 saíron rumbo ao Gran Banco e pronto teremos noticias da nosa botella grazas á tripulación do Vizconde de Eza.

Mentras seguimos o desenvolvemento da campaña Platuxa 2016 no seguinte blog:

http://platuxa.blogspot.com.es/


Desexámoslle desde aquí unha moi boa campaña!!