Amosando publicacións coa etiqueta Conta Contos Virtual. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Conta Contos Virtual. Amosar todas as publicacións

mércores, 12 de maio de 2021

Conta contos telemático do IES Carlos Casares



Levamos varias sesións, en distintos días das últimas semanas, desfrutando dos contos que, telemáticamente, a través da aplicación "Falemos", nos ten contado o alumnado de 1º de ESO do IES Carlos Casares: moitos deles son ex alumnos e ex alumnas do noso centro!

Se o mércores 21 de abril foi a quenda para 5º e 6º de Primaria, onde incluso nos fixeron unha visita virtual polo seu IES para amosarlles aos nenos e as nenas de 6º EP como será o seu Instituto o curso que ven; este mércores 28 foi a quenda do alumnado de 3º e 4º de EP cunha sesión onde nos contaron tres contos:

- Tú eres el cielo azul;

- ¿Qué haces con un problema? e

- Escarlatina

Engadimos tamén as fotos da sesión do martes 11 de maio, onde o alumnado de Educación Infantil e de 1º e 2º de EP asistiron ao seu conta contos virtual nas suas aulas!

 

















venres, 22 de maio de 2020

Escoitar contos na radio!



"Todos os días Radio 5 contate un conto. Esther de Lorenzo e o seu equipo fan das ondas un medio de entretemento para os máis pequenos e tamén para os máis grandes. Esperamos que gostes deles. Colorín colorado..."




xoves, 7 de maio de 2020

mércores, 18 de marzo de 2020

Candeanina continúa a ficar en casa: Bea Campos en Kalandraka TV!

Bos días nenos e nenas. Como podedes imaxinar Candeanina continúa tamén na súa casa. Hoxe imos deixar un link dunha conta contos que xa coñecedes: Bea Campos! Estamos certos de que tanto o alumnado de Infantil como o de 1º e 2º de Primaria todavía recorda cando estivo no noso cole, na Libroteca Candeanina, facendo unha sesión de conta contos acompañada polos seus amigos de "Impórtanos". Deixamos aquí o link por si queredes recordalo! Que bos recordos!





Candeanina quere avisarvos de que podemos ver un conto contando por Bea Campos en Kalandra TV! Deixámosvos o link por se queredes escoitalo! E recordade: Candenina fica en casa; nós ficamos en casa! Mais podemos pasalo ben!