Nas novidades deste ano temos o libro Catro cascarolos, de Marilar Aleixandre, escritora e bióloga que o pasado 14 de xaneiro ingresou na Real Academia Galega ocupando a cadeira de Xosé Neira Vilas. O acto de celebración tivo lugar na Universidade de Santiago de Compostela onde é profesora e investigadora.
Na biblioteca temos máis libros da autora.
Para as que non a coñecedes, esta é unha boa oportunidade para achegarvos á biblioteca e coñecer a súa obra.