jueves, 3 de marzo de 2016

O PEIXE QUE SORRÍA

As últimas novidades da biblioteca xa andan nun carriño polas aulas para que podades coñecer en primeira man o libros que mercamos nos últimos días.




Entre eles está El pez que sonreía, un libro ilustrado de Jimmy Liao que relata a historia dun home e o seu peixe; pero mellor que pasedes pola biblioteca e o descubrades vós mesmos.

A adaptación do libro en debuxos animados obtivo no ano 2006 o Premio Especial á Mellor Curtametraxe de Animación no Festival Internacional de Berlín.