domingo, 21 de mayo de 2017

ENCONTRO CON LEDICIA COSTAS

O pasado venres Ledicia Costas estivo na nosa biblioteca e con ela mantivemos un pequeno encontro co alumnado de 5º e 6º de primaria. Contounos que o libro de Esmeraldina a pequena defunta xurdiu das moitas preguntas que lle facían  escolares desexosos e desexosas de coñecer a orixe da pequena defunta. 



Falamos con ela da vida e da morte, esa palabra tabú da  que non se fala coa infancia. Desvelounos ademais detalles das ilustracións de Victor RivasTamén nos falou dalgunha que outra mascota que ela coñecía e de que, pese a que os grandes chefs son homes, no libro ela quixo resaltar as cociñeiras, en especial, as nais e avoas que cociñan.




Foi un encontro entrañable do que quedamos cun moi bo sabor de boca.





ENCONTRO CON LEDICIA COSTAS by Slidely Slideshow


Moitas grazas Ledicia pola túa visita e doces saúdos con recendo a chocoleta.