Este conto solidario que
tanto nos gustou, animounos a poñernos coas mans na masa. Aquí non
había nin cans lacazáns, nin gatos dormilóns nin patos barulleiros,
senón que todas e todos colaboraron.
Igual que a Galiña Roxa, o alumnado de educación infantil traballou arreo para elaborar galletas coa axuda das profes Verónica e Natalia e o profe Alberto.
Fruto do seu traballo sairon unhas galletas deliciosas coas que agasallaron á familia.
Grazas Vero pola túa colaboración e grazas tamén a Unión Veciñal Cultural e Deportiva de Candeán que nos cedeu o seu local para ir alí a cocer as galletas no seu forno.