Hoxe cúmprese o centenario do nacemento de Martín Gardner (1914-2010), divulgador científico e filósofo moi popular polos seus libros de matemática recreativa.
“Os científicos e os que escriben sobre ciencia teñen a obriga de denunciar os erros da falsa ciencia, sobre todo no campo da mediciña”
Colaborador da revista Scientific American entre 1957 e 1989 fixo que as matemáticas foran moito máis atractivas para milleiros de persoas grazas a súa sección sobre xogos matemáticos.
Ten máis de 70 libros publicados, a maioría de divulgación científica e matemáticas pero tamén escribiu sobre filosofía e pseudociencia debido a súa preocupación por esclarecer fraudes en relación coa ciencia.
martin-gardner.org
No seguinte arquivo atoparás exercicios que te permitirán desenvolver o teu pensamento matemático. Adiante!!
martin-gardner.org
No seguinte arquivo atoparás exercicios que te permitirán desenvolver o teu pensamento matemático. Adiante!!