mércores, 22 de outubro de 2014

Carta de Candeanina

Esta mañá Candeanina pasou polas nosas aulas con o profe Nardo e nos deixou esta carta.

Ola benqueridas nenas e nenos!!

Unha vez máis veño a convidarvos á inaguración da nosa biblioteca, este venres 24 de outubro 
Día Internacional da Biblioteca. 
Este ano queremos sumarnos á campaña Biblioteca escolar...matemático!! con actividades e 
xogos na biblioteca que xirarán arredor das matemáticas.
E por que ás matemáticas, vos preguntaredes. Pois porque o mundo está cheo de 
matemáticas!!! As mates están en todas partes: cando temos que dividir a torta de cumpreanos 
para repartir entre os convidados e as convidadas , cando calculamos o tempo que falta para 
sair ao patio, nos xogos; as páxinas dos libros están cheas de números, os deportes, os teléfonos
das amigas e amigos... 
Sen innumerables ecuacións matemáticas non se levarían a cabo moitos inventos que fan a nosa 
vida máis cómoda, e sen cálculos matemáticos non se podería enviar un foguete á lúa. 
Pitágoras, un dos matemáticos máis famosos demostrou que as notas musicais agradables ao 
oido seguían simples regras matemáticas e poderiamos dicir que o mesmo ocorre coa arte.
Hai quen di que as matemáticas son a linguaxe da natureza e non hai máis que fixarse nela 
para descubrir as formas xeométricas que teñen moitas flores ou minerais. Nunca vos fixastes na 
perfección con que as abellas fabrican as colmeas con hexágonos para gardar o seu mel?


Pois veña, animádevos a vir, a descubrir, a investigar e a mergullarvos na nosa biblioteca. 
 
Un saúdo, 
Candeanina