Proxecto
Documental: Exposición dos traballos.
Ø O xoves 20 ás 10:00h na Biblioteca o alumnado e
profesorado fará una posta en común sobre a súa aportación ó Proxecto
Documental: “Candeán, o lugar onde
vivimos”:
· O tema elexido por E. Infantil foi os animais de Candeán:
os domésticos de cortello e granxa e os
salvaxes do zoo. Crearon o conto “Coelliño
quere comer” que que nos presentan coa narración grabada.
· O alumnado do 1º curso de Primaria documentouse sobre
a fauna do parque forestal do Vixiador e elaborou o libro “Animais do Vixiador”con datos e debuxos dos animais
co seu nome en galego, castelán, e algúns en inglés.
· 2º e 3º de primaria centraron o seu interese nas plantas
da zona e o resultado final da súa investigación foi o libro “Plantas de Candeán”.
· O alumnado de 4º de primaria plasmou o resultado da
súa investigación en dous mapas da
zona. Un deles co percorrido do
autobús urbán, outro de Candeán ampliado. Os escolares localizan en cada mapa
onde viven e as referencias que poden utilizar para situarse.
· As nenas e nenos de
5º de primaria documentaronse sobre
a evolución demográfica de Candeán. Os datos recóllense nun estudio que acompañan cun mural que leva por título: “Sabías
que…?
· O tema elexido polo
alumnado de 6º de primaria foron as
Mámoas de Candeán. O resultado final un álbum
fotográfico froito do Roteiro que o 3º ciclo realizou para documentarse.
· RADIO CANDEÁN 2.0
Ø O venres 21, último
día do curso, no que se desenvolverán actividades de participación das
familias: II XINCANA do CEIP Igrexa-Candeán e DESPEDIDA do alumnado de 6º de
Primaria, amosaranse ás familias os traballos finais cunha
EXPOSICIÓN na planta baixa do colexio.