Desde o Equipo de Dinamización da Biblioteca elaboramos esta guía de lecturas recomendadas para o verán. Esperamos que vos gusten e as disfrutedes. En breve estarán colgadas do blogue!!!
Lembrade que calquer momento e calquer
sitio son axeitados para coller un libro: deitados na praia, baixo a
sombra dos piñeiros, nun banco da praza, á beira da piscina ... ou
tirados no sofá. Non importa o sitio, o importante é coller un libro e
entrar na historia que nos conta.
E, os adultos, lembremos que a mellor animación á lectura somos nós:
cando os nenos nos ven coller un libro cada día, somos o mellor
exemplo. Unha das cousas máis bonitas que vemos os mestres é cando os
pequenos abren os ollos díante dunha nova historia que ven nos libros.
Se ven que disfrutamos lendo, eles farán o mesmo. Disfrutando e sen
prisas... Transmitir este entusiasmo e curiosidade polo saber é a mellor
herdanza que podemos darlles. É, ademáis, unha cousa na que, sobre
todo en estos momentos, non podemos recortar nin permitir que nos
recorten, xa que tan básico como alimentar o corpo é alimentar o pensamento e as ganas de saber e aprender... xa que esto será o que nos dé recursos para enfrontarnos ao futuro.
Así que, veña, collede un libro ... ou mellor unha ducia , e a disfrutar de un verán lector!