xoves, 28 de setembro de 2017

3,2,1...DESPEGAMOS!

Desde a biblioteca dámosvos a benvida ao curso 2017/2018, especialmente ás familias das nenas e nenos que se incorporaron este ano.




Este curso temos unha misn: desenvolver un proxecto de traballo que terá como tema central O Universo. A biblioteca será o centro de control que axude a favorecer a observación, a consulta e a investigación para dar resposta aos diferentes interrogantes sobre o coñecemento do espazo e o coñecemento de nós mesmos.








Queremos crear unha nave de ideas á que estades convidados e convidadas. A biblioteca está aberta a que compartades con nós experiencias e coñecementos.

    
              


Se vos pasades por aquí poderedes atopar máis información e coñecer como se vai desenvolvendo o proxecto.





Para emprender esta viaxe precisamos que lles axudedes a decorar os debuxos que formarán parte do noso particular espacio e que RESOLVADES O ACERTIXO QUE VÉN AO REVERSO. Tedes de prazo ata o martes 10 de outubro! 



Saúdos platurnianos desde a biblioteca!