Célebrase o Dia da poesía, e nós en homenaxe a Gloria Fuertes sacamos os seus libros dos andeis da biblioteca para que os degustedes nestes días.
"Los niños que leen poesía se aficionan a la belleza del lenguaje y seguirán leyendo poesía toda su vida"
Tamén se celebra o Día Mundial da Síndrome de Down. Porque a causa máis frecuente é un cromosoma de máis no par 21 (Trisomía 21), porque marzo é o mes 3 do ano e o máis importante; porque é necesario concienciar e sensibilizar a sociedade sobre a realidade das persoas con síndrome de Down.
Estades convidadas e convidados a pasar pola nosa cociña e coñecer a David e a Paulo, os protagonistas destes contos.
Para rematar, non queremos esquecernos do Día Internacional dos Bosques porque sen eles a vida no noso planeta non sería posible.
Neste vídeo podedes ver en menos de 3 minutos a vida dun bosque caducifolio durante 15 meses. O autor é Samuel Orr que desde a ventana da cabaña onde vivía, situada nunha reserva natural de EEUU, tomou máis de 40.000 fotografías para amosarnos o ciclo vital dun bosque con todas estacións, as cores e os sons.
a Forest Year from motionkicker on Vimeo.