luns, 19 de xuño de 2017

FEIRA GASTRONÓMICA 2017

O pasado martes celebramos o final do noso PDI Oído Cociña cunha feira gastronómica á que estuvieron convidadas as familias. O alumnado tivo a oportunidade de expoñer o que aprendeu, de convidar á degustación das súas receitas e as máis atrevidas e atrevidos de cociñar en directo.





Os pinchos de Pepe



O alumnado de 4º de educación infantil, que traballou a pirámide dos alimentos durante o curso, agasallounos cuns deliciosos canapés de xamón e queixo elaborados por eles. 


2016 Ano Internacional dos Legumes





O Ano Internacional dos Legumes foi un dos proxectos traballados polo alumnado de 5º e 6º de educación infantil este curso. Para a feira elaboraron hummus, unha ensalada con fabas da nosa Horta, e fabas con xamón que cociñaron momento!





A compota sen pota


O alumnado de 1º e 2º de primaria rematou a  seu traballo de investigación sobre a mazá coa elaboración dunha compota.




A volta ao mundo en receitas




Despois de traballar ao longo do curso diferentes receitas do mundo, o alumnado de 3º e 4º de primaria decidiu elaborar guacamole para a ocasión. 




Aceites con aromáticas da horta, sal de cítricos e sal de herbas provenzais , vichyssoise e chícharos con xamón



Todo isto é o que preparou o alumnado de 5º e 6º de primaria. Utilizaron produtos da nosa horta: romeu, ourego, tomiño, albácega, allo, loureiro, tomate e limón. Os chícharos, tamén da horta, os cociñaron con xamón no momento.


Moitas grazas familias,
 por formar parte do noso proxecto!

Aquí podedes ver un pouco máis como foi a feira gastronómica.




FEIRA GASTRONÓMICA by Slidely Slideshow