Hai uns días Mael de 4º de educación infantil trouxo a escola un insecto pau. Pouco despois, descubrimos na biblioteca que é un "fásmido"
"Os fásmidos teñen unha incrible capacidade de mimetismo. Algúns chegan a alcanzar os 30 centímetros, o que os converte nos insectos máis grandes do mundo. De día mantéñense inmóbiles e de noite aproveitan a escuridade para desprazarse e alimentarse de vexetais. Cando un depredador os apreixa por unha pata, poden amputala á vontade para zafarse. Adoitan darse en bosques tropicais, mais na península Ibérica existen 12 especies de fásmidos."
Foi toda unha aventura!