O pasado mércores 24 de outubro foi o Día da Biblioteca, e como vén sendo habitual nos últimos anos, celebrámolo en común.
En equipos, formados por nenas e nenos de diferentes idades e cursos, fomos superando diferentes probas relacionadas co mundo da arte.
Escultura
Arquitectura
Pintura
Museos
Que precisaban busca de información e traballo en equipo...

Rematamos na biblioteca onde, da man do equipo axudante, o alumnado novo recibiu os carnés de biblioteca e os demais as mochilas viaxeiras.
Celebración Día da Biblioteca by Slidely Slideshow