luns, 28 de setembro de 2015

BIBLIOTECA ESCOLAR, BASE DE EXPLORACIÓNS

Desde a biblioteca sumámonos ao lema da campaña das bibliotecas escolares de Galicia da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para este curso: "Biblioteca escolar, base de exploracións", porque nós tamén queremos convidar desde aquí a explorar o mundo e a compartir o aprendido.
A ilustración corresponde a Fran Bueno, artista compostelán que se define Vangardista, autor de cómic e ilustrador de númerosos libros, entre eles, libros de texto. 


"O lema "Biblioteca escolar, base de exploracións" chama a traballar coa información, a mirar fóra, a facerse preguntas e pescudar posibles respostas, a interesarse polo outro, polo diferente, polo alleo; a esturda xeografías e inventar rutas para novas aventuras; a coñecer as viaxes que fixeron os grandes exploradores e aquelas outras que, cada día, bota ao camiñoa milleiros de persoas na procura dun mundo máis xusto. Convida a explorar o mundo e a compartir o aprendido"



A nosa viaxe vai comezar aquí, o mércores 30, neste lugar tan fermoso que vedes na fotografía. Recorreremos este espazo, coñeceremos o mundo submarino e as tradicións mariñeiras. Camiñaremos ata un lugar onde atoparemos embarcacións que utilizaban hai anos, visitaremos a praia e gozaremos xuntos o inicio desta base de exploracións.