mércores, 22 de marzo de 2023

DÍA DOS BOSQUES E DA POESÍA

 DÍA DOS BOSQUES E DA POESÍA

Onte foi un día moi especial, conmemoramos no cole o "Día dos bosques e da poesía". Dende a semana pasada, en todas as aulas traballamos o conto de "Wangari es as árbores da paz" e onte levamos a cabo un "escaperoom" onde tivemos que resolver 5 retos relacionados co conto. Todo o cole acertou o código secreto, polo que tivemos unha recompensa moi doce, KitKat para todos!!!

Tamén colgamos rimas en cada árbore do noso patio, e aproveitando o bo tempo, recitamos poesías no recuncho dos soños. Pasámolo moi ben!