martes, 27 de abril de 2021

Día do Libro: 23 de abril do 2021: Lecturas no camiño

 


Imaxe: Cristina Novoa




Este curso celebramos o Día mundial do libro facendo e xogando con lecturas nun camiño que atravesaba   distintos recunchos do noso cole.

O camiño da lectura que todas as clases do noso centro cole fixeron tiña sete estacións. Cada estación contiña un pequeno reto lector ou proba como podedes observar aquí!





Cada clase levaba unha folla de rexistro na que, alén de cubrir unha pequena pregunta ou proba en cada estación, tiñan que selar para demostrar que tiñan feito as sete estacións do noso camiño da lectura! Ah! Esa folla de rexistro ía acompañada por un mapa do propio camiño!







Deixamos algunhas fotos das distintas estacións, dos libros, dos espazos, das follas de rexistro... Qué ben o pasamos!




























Aínda temos tempo para deixarvos o vídeo da curta que viron todas as aulas na Candeanina Libroteca: