O pasado venres vimos de celebrar o Día da Paz Escolar... Deixámosvos algunhas imaxes do acontecemento...
Os nenos e as nenas de 3º y 4º de Primaria presentaron a xornada: falaron de qúe íamos celebrar... Da paz... Da ecoloxía... Xa nos presentaron a Wangari e a súa tarefa por construir un mundo mellor...
Posteriormente, o alumnado de infantil amosuonos o seu quebracabezas sobre a figura de Wangari: foi xenial! E acabaron de colocar as últimas pezas para que o vira todo o cole!
Despois foi a quenda das nenas e dos nenos de quinto de primaria... Contáronnos o conto de Wangari: xa o coñecíamos, mais todos ficamos ben atentos ao seu relato...
Por último, os nenos e as nenas de sexto de primaria nos contaron a vida e obra de Wangari: todo un traballo de investigación...
Antes de partir cara o ximnasio para continuar coa celebración a profe Cris trouxonos o presente do alumnado do CEIP Eduardo Pondal: botellas con poemas, con imaxes e con mensaxes dentro: preciosos! Ficamos moi agradecidos e devolveremos as mensaxes durante o queda de curso! Moitas grazas!
O primeiro que fixemos ao chegar ao ximnasio foi que cada alumno e cada alumna lera o seu mensaxe con cadanseu pequeno xesto para colaborar coa paz escrito nunha folla construída con material de refugallo...
Non podíamos deixar o ximnsasio sen facer os bailes da paz que xa tiñamos preparado: bailando pola paz!