mércores, 5 de xuño de 2019

O Recuncho dos Soños

No patio da escola temos un Recuncho dos Soños para a lectura por pracer. Alí, estaba a árbore dos soños, que nos daba sombra e nos acompañaba nas horas de lecer. En marzo do pasado ano, os temporais Giselle e Félix levárona por diante e sentimonos un pouco orfos. 



O alumnado de 4º e 5º de primaria o curso pasado quixeron facerlle unha pequena homenaxe.




E escribieron un epitafio.



Hoxe, Día Mundial do Medio Ambienteas cousas cambiaron e estamos moi alegres. Os bancos están pintados de cores, plantamos unha nova árbore no Recuncho dos Soños e lemos A arbóre da escola, un fermoso conto de Antonio Sandoval.  



Xa temos unha nova árbore á que podemos aloumiñar , darlle apertas e lerlle poemas.