martes, 28 de maio de 2019

Pintamos o muro da escola

Na escola, tiñamos un muro moi feo, ao que había que darlle cor...





E que mellor que este curso, dedicado á arte, para poñernos Mans a obra. Jose, o conserxe, botounos unha man limpando e pintando de branco o muro.



Puxémonos en contacto con Maz, que nos propuso que o diseño fora das nenas e nenos do cole e que lle enviaramos debuxos de todos eles.








Elixidos por el algúns dos debuxos, o venres 25, os grafiteiros e muralistas Maz e Sonriots, debuxaron no muro os diseños para que todo o cole poidera darlle cor.




Desde educación infantil a 6º de primaria foron pasando  curso por curso.








E así como comezaron o mural, Maz e Sonriots tamén o remataron cos detalles...



Motísima grazas
 por axudarnos a darlle cor ao muro da escola!