Nestes días de outono, o alumnado
dos primeiros cursos de primaria coñecemos o libro LEAF MAN da escritora e ilustradora americana Lois Ehlert que describe a viaxe dun home-folla (Leaf Man) que ten
que ir onde sopla o vento que, ademais, lle vai dando distintas apariencias
(animais, vexetais) según a paisaxe pola que vai pasando.
Comezamos coa lectura que nos
fixo Bethan, a nosa Auxiliar de Conversa,
e fomos quen de ir descubrindo todos os seres naturais que por alí asomaban:
ducks, butterflies, cows, fish, cabbages, pumpkins, birds…
E, para rematar, inspirándonos no
libro “puxemos mans a obra” e creamos a partir de follas de outono unha
criatura que chamamos LEAF GHOST, xa
que… “Halloween is coming!”
Se queredes coñecer a historia, ou simplemente disfrutar das fermosas ilustracións...