martes, 23 de outubro de 2018

ABRAZANDO O MONTE

Todo comezou hai aproximadamente un ano, despois dos devastadores incendios que se produxeron na nosa comarca, cando desde o CEIP Escultor Acuña se nos propuxo colaborar nun proxecto común: educando no monte.



Desta vez os incendios tocáronnos moi de cerca e precisabamos ofrecerlles un canal onde poideran expresar o seu rexeitamento, estudar as causas e consecuencias dos mesmos, que medidas se poden tomar para a rexeneración dos bosques e como podemos colaborar.

Iniciamos o noso traballo sementando landras. Arturo, o conserxe que colaborou con nós, amosounos o lugar onde se atopa o carballo na nosa escola. Alí recollimos as landras para a futura reforestación.



O Día Internacional da Poesía e dos Bosques Anxo Moure ensinounos como amar e respectar a natureza.

Nesta andaina estiveron con nós:

  • CEIP A Paz- Tintureira
  • CEIP Alfonso D. Rodríguez Castelao (Navia)
  • CEIP Eduardo Pondal
  • CEIP Escultor Acuña
  • CEIP Josefa Alonso (Matamá)
  • CEIP O Pombal
  • CEIP Sobreira - Valadares
Case rematado o curso pasado, e de cheo metidas na preparación na actividades de reforestación e abrazo ao monte, convocamos entre os distintos centros participantes un concurso para elexir o logo que representaría a actividade

Dos tres finalistas...



Saiu elixido o logo de Amet, da nosa escola.
 

Ao inicio deste curso puxémonos Mans á obra cun obradoiro de pintura de camisetas co logo premiado.



Un lienzo creado coas nosas pegadas foi pasando de cole en cole  ata chegar ao Monte dos Pozos. Con el quixemos agradecer á Comunidade de Montes de Vigo  a súa inestimable colaboración.



E por fin chegou o gran día. O venres 19 de outubro en Valadares, xusto enfrente do CEIP Sobreira-Valadares, levamos a cabo a plantación dos carballos. Nesta repoboación contamos coa colaboración de Montes de Vigo e do alumnado do IES Valadares que fixo de guía e apoio.
 
E rematamos esta xornada  cunha cadea humana no Monte dos Pozos onde cantamos xuntos a adaptación de " Ven conmigo" de María Fumaca e asistimos ao concerto de Cé Orquestra Pantasma. Tamén se leu o manifesto elaborado polo alumnado de 5º de primaria do CEIP Alonso D. Rodríguez Castelao.

 Aquí podedes ver unha pequena mostra do acontecido.

 

Abrazando o monte by Slidely Slideshow



Moitas grazas
 a todas as persoas e entidades 
que fixestes posible que esta actividade 
se poidera levar a cabo