martes, 1 de maio de 2018

Abril, mes do libro

Abril estivo cheo de actividades, se picades nas imaxes poderedes ver un pouco máis polo miúdo como se desenvolveron. 


Comezou cunha mensaxe de Candeanina desde Platurno contándonos que estaría con nós na celebración do día do libro.

http://ceipigrexacandean.blogspot.com.es/2018/04/mensaxe-desde-platurno.html

Continuamos coa guía, cuns pequenos pasos, que podedes seguir para recomendar un libro en vídeo e vos animedes a ser pequenos booktubers.

http://ceipigrexacandean.blogspot.com.es/2018/04/como-recomendar-un-libro.html

A celebración do Día do libro foi na biblioteca. Cos axudantes preparamos todo para a chegada de Candeanina e invitamos a Duli, a enfermeira que coidou dela mestres estivo no "hospital". Candeanina troúxonos un libro xigante. 






Celebración Día do libro 2018 by Slidely Slideshow


O alumnado de 5º de primaria escribiulle unha fermosa  carta de benvida contándolle moitas das cousas que aconteceron no cole mestras ela non estaba.

As nenas e nenos de 2º de primaria recitaron un poema do libro Tres voltas ao planeta de Ana Mª Fernández.




O alumnado do cole creou para a ocasión un conto viaxeiro , "A viaxe de Candeanina" que leron ese día, e que agora podedes ler e escoitar.



E deixamos para o final da celebración, a viaxe en familia...




En infantil ademais festexaron o mes do libro devorando libros!




O alumnado de 4º de primaria contounos Una historia de dos bestias.



E rematamos o mes coas madriñas e padriños lendo e compartido lecturas.




Grazas pola vosa colaboración!