Na celebración do Día do Libro o alumnado de 2º de primaria recitou un poema do libro Tres voltas ao planeta de Ana Mª Fernández.
Un fermoso poema para sair da biblioteca
e viaxar arrededor do planeta!
Érase unha vez un conto
que non se quixo contar,
rebelde, curto, poeta,
que escapou da biblioteca,
sen levar unha maleta,
só a maxia da súa letra
e botouse a camiñar,
porque xa non tiña gana
de que chegasen as fadas,
nin as bruxas tan malvadas,
nin o lobo,
o elefante,
nin o dragón,
nin a espada,
nin a princesa,
nin...nada!
Só quería viaxar!
E montou primeiro en globo,
en tren, barco e bicicleta,
deu tres voltas ao planeta,
sen volver a vista atrás.
Érase unha vez un conto,
rebelde, curto, poeta,
que aprendeu deste planeta
a poñer amor na letra
para volverse contar.
Ana Mª Fernández