Este trimestre imos crear os nosos propios contos. Para esta misión elaboramos unha pequena guía que nos servirá de axuda nesta tarefa.
"Abre as portas e entra. Entra neste espazo que agarda por ti, neste ámbito onde cada palabra é un don que recibimos como agasallo. Percorre todos os recantos desta casa da liberdade, respira este aire que non sabe de fronteiras, déixate levar polo río de recendos que anuncia os tesouros da biblioteca." Agustín Fernández Paz