mércores, 17 de maio de 2017

LETRAS GALEGAS 2017: CARLOS CASARES

Este ano celebramos as Letras Galegas co alumnado do IES Carlos Casares. Repasamos, aprendimos e nos divertimos coas actividades propostas arredor da figura do escritor.

En 4º de educación infantil realizaron un quebracabezas con todos os personaxes da obra infantil de Carlos Casares.  As rapazas e rapaces do instituto contaron un conto dando pistas para colocar as pezas e cantaron un retrouso. Realizaron o mesmo xogo, Casares nun quebracabezas, en liña.

En 5º e 6º de infantil e 1º e 2º de primaria xogaron nunha lona xigante de 62 casillas ao Xogo de Leoncio, baseado no libro A galiña azul. Previamente as rapazas e rapaces realizaron un xogo para poder contar a historia de Leoncio e a Galiza azul. As pequeñas e pequeños eran as gallinas que ían tirando o dado e saltando de casiña en casiña. Tamén realizaron o mismo xogo en liña.

O alumnado de 3º, 4º e 6º de primaria participou nun xogo de mesa, Carlos Casares, un relato de película, onde ían respondendo preguntas e resolvendo probas. Previamente, a rapazas e repazas contaron un conto baseado na biografía do escritor.

En 5º de primaria xogaron a O tren de Casares. O alumnado do IES contoulles un conto, acompañado dun vídeo, baseado na biografía do autor. Despois participaron nun xogo de mesa donde tiñan que reponder a preguntas e resolver diferentes probas.




Moitos parabéns ao alumnado de 1º e 2º da ESO e moitas grazas de novo por achegar de maneira tan formidable  a obra de Carlos Casares á escola. 


Parabéns tamén ao profesorado que fixo posible este traballo!!




Letras Galegas 2017 by Slidely Slideshow



"A bomba da felicidade inventouna o Leoncio unha noite que durmíu nun portal pasando moito frío. Para botala teráse que subir nun paxaro e voar un quilómetro ceo arriba. Cando suba ben alto, tenlle que decir o paxaro en idioma «papapío»: «Paspallis pío pío pían», que quere decir: «Prepárate que imos botar a bomba». Entón o paxaro respóndelle «Raspapín pau», que quere decir: «Estou preparado».

Cando diga esto, o Leoncio abre a mau dereita e deixa caer a bomba que é moi pequeniña. No pobo onde estoura, aparecen de repente vinte bandas de música tocando alboradas, pasodobles, muiñeiras e demáis. Chove roscós, rosquillas, e globos de cores. E por se fora pouco, o ceo ponse todo azul e o sol non queima. E a xente sinte unha grande felicidade."

Carlos Casares, A galiña azul.