Hai uns días recibimos un agasallo do escritor Xavier Castro. O libro A lume manso. Estudios sobre a historia social da alimentación en Galicia xa está na nosa biblioteca, e desde aquí queremos amosarlle o noso agradecemento.
" A lume manso é un documentado e ameno estudio sobre aspectos materiais, sociais e simbólicos da historia da alimentación en Galicia. O libro propón unha suxerente visión dunha sociedade que vivía a un ritmo máis lento e sosegado, unha sociedade na que a comida e a bebida malia o precario vivir da maioría da poboación, eran elementos de gran importancia para o artellamento da convivencia e a vida social."
Moitas grazas!