Nos últimos días de
febreiro na Aula de Inglés estivemos investigando sobre o “Pancake Day”, nome
popular que se lle da ao Martes de Entroido (Shrove Tuesday) no Reino Unido. Dependendo
do nivel do alumnado, fixemos búsquedas na rede, traballamos con lecturas que
teñen ao “pancake” como protagonista, memorizamos e recitamos rimas , escribimos a nosa receita e fomos quen
de seguir as instruccións para cociñar os “pancakes”. E, por último,
obviamente… demos boa conta deles!!
Aquí vos deixamos unha
pequena mostra do proxecto.
COOKING PANCAKES!!