Xa temos na nosa biblioteca os dous primeiros números de O Papagaio, un xornal editado en galego por Edicións moito conto baixo a dirección de Abraham Carreiro.
Se picades na imaxe podedes ler o primeiro número.
As seccións de ciencia e tecnoloxía, arte, natureza e banda deseñada, están presentadas por personaxes como o Simio científico, o pintor Pierrot ou o can Wifi, que iredes coñecendo. O xornal inclúe ademais temas de actualidade e receitas de distintos países.