Este ano para celebrar o Día da Biblioteca rodeámonos de contos, de libros, de alimentos e de algunha que outra lambonada.
Fixemos unha xincana no patio da escola. En equipos formados por nenas e nenos desde infantil ata 6º de primaria
foron resolvendo as pistas que nos levaron a lugares
onde había contos clásicos e outros libros non tan clásicos pero de actualidade como o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil de Ledicia Costas e a conmemoración dos cen anos do nacemento de Roald Dalh
E para rematar crearon pratos cos alimentos e lambonadas que acompañaban aos contos.
Día da biblioteca 2016 by Slidely Slideshow