Este curso a nosa biblioteca convertirase nunha cociña. Experimentar, investigar, crear
e compartir o aprendido serán os ingredientes clave. Convertiremos a biblioteca
nun lugar onde adquirir e consolidar
coñecementos e competencias relacionadas coa cociña, a alimentación e a
adquisición de hábitos saudables.
Estades
convidados e convidadas a que vos sentedes á mesa con nós. Aproveitamos a
ocasión para invitar ás persoas que teñades alguna relación co tema a que
compartades con nós os vosos coñecementos.
Se vos pasades por aquí poderedes atopar máis información e coñecer como se vai desenvolvendo o proxecto.
E
como unha cociña sen utensilios non é nada, precisamos que nos botedes unha man.
Axudádelle a decorar o voso utensilio para que forme parte da nosa cociña
e…ATENCIÓN,
TEDES QUE RESOLVER O ACERTIXO QUE VÉN AO REVERSO, porque unha biblioteca sen contos tampouco
sería unha biblioteca. Lembrade que tedes de prazo ata o próximo luns 17 de outubro!!
Saúdos doces desde a biblioteca!