lunes, 4 de abril de 2016

XVII SALÓN DO LIBRO


O pasado 1 de abril arrincou en Pontevedra a décimo sétima edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil. Esta edición ten como lema Canta bichería! e nela haberá numerosas actividades para todos os públicos: obradoiros, contacontos, teatro, música, danza.

Picade na imaxe e teredes máis información!




Lugar: Pazo da Cultura de Pontevedra
Data: Ata o 23 de abril.
Horario: De 17 a 20 horas de luns a venres e de 11 a 14 e de 17 a 20 horas as fins de semana e días festivos.