Con Isidro Alonso Marcial celebramos o Día do Libro de maneira especial. Tiñamos moita curiosidade por saber da súa vida no mar e el foi respondendo ás nosas preguntas con moito ensiasmo.
Tamén, con paciencia como dicía, ensinounos a facer nós mariños.
Foi unha experiencia vital moi enriquecedora. Sentímonos moi ben coa súa compañía e quedamos profundamente agradecidos pola súa xenerosidade e pola súa implicación e compromiso coas rapazas e rapaces. Un exemplo.
Queremos agradecer tamén desde aquí á Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello de Vigo por brindarnos esta oportunidade.
Isidro: unha vida no mar by Slidely Slideshow