lunes, 18 de enero de 2016

A paz é convivencia


Durante esta semana nas aulas, imos ler e conversar sobre a convivencia. Para axudarnos a entendela mellor eleximos os seguintes libros:

Para infantil "Unha manchea de bicos" de Antonia Ródenas e ilustracións de Carme Sole Vendrell. O libro amosa como nos podemos relacionar cos demais con afecto e a boa influencia que este sentimento ten cara aos demais.


Se picades na imaxe atoparedes actividades 


Para 1º e 2º de primaria: "A nai da miña nai" de Alejandra Schmidt Urzúa, ilustrado por María José Olavarría Madariaga. Un conto que nos axuda a entender aos maiores.



Para 3º de primaria: Con "Ernesto bo día" de José Campanario e ilustracións de Joao Vaz de Carvalho, veremos a actitude positiva ante as dificultades. 






Para 4º e 5º de primaria: "Malena Ballena" de Davide Cali e Sonja Bougaeva, porque con pensamentos positivos  é máis doado superar as dificultades.


6º de primaria: Para implicarse na solución dos problemas o conto "E que podo facer eu?" de José Campanari e Jesús Cisneros. 



El gran libro de las emociones e o emocionario axudaranos a por en palabras os nosos sentimentos.





Picando na imaxe atoparedes actividades