"O apalpador é un xigante de oficio carboeiro, que vive nas devesas das terras de Ancares, Courel e Trives . Na noite de Nadal baixa ás aldeas para achegarse aos nenos e nenas mentras están durmidos. Coidadosamente, apálpalles as barrigas para ver se están ben mantidos. Logo de desexarlles que no vindeiro ano non pasen fame, marcha deixándolles unha morea de castañas ben quentiñas..."
Antón e O Apalpador. Barafunda editorial
Polo colexio xa andan uns pequenos Apalpadores. Fixéronos con pasta de sal as neneas e os nenos de 6º de Infantil.
Antón e O Apalpador
Máis contos...
O Apalpador e a castaña máxica
LIM do CEIP Outeiro das Penas
Xogamos?
Para cantar e bailar!!
As fazulas coloradas
e moi grandes zapatóns,
carrexando sempre un saco,
aí vén o Apalpadoooo UÓ Ó ÓÓ!!