jueves, 3 de diciembre de 2015

Día Mundial da Diversidade Funcional


Hoxe celébrase en todo o mundo o Día Internacional das Persoas con Discapacidade.

imaxe: Elena E Medina e Sergio Palao

"Ter unha discapacidade non é algo malo. Ata pode chegar a ser algo do que se pode sentir orgulloso. Todos somos diferentes e todos temos distintas CAPACIDADES. Todos os nenos e nenas poden ser embaixadores da capacidade cara as súas familias, as súas escolas e as súas comunidades. Todos temos ideas, experiencias e aptitudes que poden ser útiles para todos os demais"
Victor Santiago Pineda: educador e cineasta



Entender a discapacidade ou diversidade funcional e moito máis sinxelo cando nos decatamos de que hai tarefas que nos supoñen máis esforzo e dificultade para levalas a cabo. 




Por 4 esquinitas de nada...





O cazo de Lorenzo, un conto para comprender as diferenzas.