domingo, 18 de octubre de 2015

O Nautilus en Vigo!!

Queremos animarvos desde aquí a que volvades visitar o Museo do Mar de Galicia, pero desta vez en familia. A mostra é de balde e estará no museo ata o 15 de novembro.




Na IX Mostra de Modelismo Naval poderedes atopar entre outras, unha maqueta  do submarino do capitán Nemo, o Nautilus, ou tamén A perla negra, o barco capitaneado polo pirata Jack Sparrow.