domingo, 24 de maio de 2015

Antonio García Teijeiro

Hai uns días estivo con nós Antonio García Teijeiro, un dos nosos poetas preferidos, que nos engaiolou cos seus versos e aloumiños. Tivemos a oportunidade de escoitar os seus versos, de que nos falara de ratos namorados, de poetas, escritores e músicos; que respondera as nosas preguntas e o máis importante: que non se cansara de dicirnos que para escribir ben, hai que ler moito e ter os ollos moi abertos ao que acontece ao noso arredor.


 
Cantamos co profe Nardo "Un rato e maila Lúa", poema de Antonio ao que Mamá Cabra lle puxo música.





Con eles, tamén enredamos coas palabras ata crear un poema conxunto.


Encontro con Antonio G. Teijeiro by Slidely Slideshow


Grazas Antonio García Teijeiro, foi un día inesquecible!!