xoves, 19 de marzo de 2015

Eclipse solar 2015

Un dos acontecementos astronómicos do 2015 terá lugar mañá 20 de marzo cando se produza o eclipse solar. Este ocorre cando a Lúa se interpón entre a Terra e o Sol. O eclipse total só se poderá ver en  nas Illas Feroe e no arquipélago de Svalvard   A nosa comunidade autónoma é a máis idónea para seguir o eclipse parcial (a Lúa non tapa totalmente ao Sol) que durará pouco máis de dúas horas. 




En Vigo haberá observacións guiadas no Paseo da praia do Vao organizadas pola Asociación Astronónmica de Vigo. Alí disporán de telescopios solares e outros métodos de proxección.

Hora principio eclipse 09:04:23
Hora máximo eclipse 10:07:11;
Oscurecimiento 0,786. 74,0 %
Hora final eclipse 11:15:25

Na web da ciencia Galega  poderedes atopar recomendacións e trucos para observar a eclipse.




Como aconsella a  Direccion General de Protección Civil y Emergencias do Ministerio do Interior e moi importante que NON observar o sol directamente,  nin con cámaras, primáticos ou telescopios. Tampouco con filtros non homologados e moito menos a simple vista ou con gafas de sol. En caso de mirar ao sol utilizar gafas de eclipse homoladas pola Unión Europea seguindo as instrucións impresas.