Mañá comeza no Pazo da Cultura de Pontevedra o Culturgal, unha feira onde atoparedes unha chea de propostas para toda a familia, incluso hai un espazo con actividades para os bebés!
Son tantas as actividades que hai programadas que mellor que premades na imaxe e sexades vós quenes decidades o que vos parece máis interesante.
![]() |
Consultamos o programa para nenas e nenos e polo que parece non hai espazo para o aburrimento: contos, música, teatro, libros, obradoiros...
Na biblioteca xa temos algúns dos libros e da música das editoriais convidadas, pero como queremos estar ao día, tamén imos botar un ollo para traervos novidades.
Por certo, díxonos un paxariño que o profe Nardo vai estar actuando o domingo pola mañá con Cantares de Brión!!