Desde a biblioteca sumámonos á celebración do "Día Internacional dos Dereitos dos Nenos e Nenas" que terá lugar esta semana. Unha xornada idónea para que reflexionemos sobre os problemas da infancia e promocionar os seus dereitos.
O 20 de novembro de 1959 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas aproba a "Declaración Universal dos Dereitos do Neno" considerando que a infancia pola súa falta de madurez física e mental, precisa de protección e cuidados especiais.

Entre outros están o dereito a ser iguais sen distinción de raza ou relixión, a recibir protección especial, a ter un nome e unha nacionalidade, a unha alimentación, vivenda e atención médica adecuadas, a recibir unha boa educación, a poder xogar e non ser abandonado/a nin maltratado/a, a ter unha familia...
Se queredes saber un pouco máis en que consisten os dereitos dos nenos e nenas poñede atención ao neno que o sabe todo !!