xoves, 21 de novembro de 2013




 O martes 29 de outubro todo o alumnado co seu profesorado realizamos unha visita á Granxaescola de Ponteareas. A concellalía de cultura do concello de Vigo puso ó noso dispor dous autobuses.
Chegados alí nos dividiron en catro grupos (infantil, primeiro, segundo e tercer ciclo) e fumos pasando por diferentes espazos e obradoiros (esqueixado, sementado, compos...).
Fixemos un descanso para a merenda e logo reanudamos os obradoiros ata as 13h; momento en que nos despedimos e voltamos aos autobuses.
Foi positiva a actividade que cumpliu co seu obxectivo de motivar e informa ao alumnado cara ó tema central do PDI:”A agricultura familiar” e mesmo pode ser a orixe dalgunha temprana vocación.
Cada alumno levou para casa o plantado e sementado: santolina e citronela. Agasallaron ao colexio cun cargamento de pementos para asar no magosto.