(Máis información sobre o día da Terra aquí ou pulsando sobre a imaxe)
Moi bos días a todo o mundo... Hoxe, 22 de abril, é o día da Terra, e Candeanina andivo pensando que se o lema do noso curso é "Mens sana in corpore sano", ben precisamos de cuidar a natureza para conseguilo. Por iso pareceulle moi boa idea celebrar este día: o día da Terra!
Este vídeo esta feito por ADEGA, unha asociación ecoloxista de Galicia... Que ten unha páxina web propia en galego para facer as nosas estancias en casa máis ecolóxicas...
E para coidar o noso planeta tamén podemos ler... A primeira recomendación lectora que facemos: por se alguén ten este libro en casa, ou o quere mercar cando termine o confinamento... Ou usar cando podamos voltar a Candeanina Libroteca do cole...
Pregunta á Dra. Peteiro sobre o Planeta Terra é unha boa forma de descubrir como afectan aos animais os volcáns en erupción, as mareas que fan desaparecer a auga, como flúen os ríos... e moito máis.
Y cómo podemos acercarnos un pouco a natureza desde as nosas casas? As veces a natureza está máis próxima do que pensamos... Unha boa opción é pararnos cunha serie de animais que podemos observar todos os días desde as varandas das nosas casas: os paxaros... Vos deixamos o link desta noticia: todo o que podemos aprender lendo os xornais!
(Recordade: para navegar por Internet e ollar os xornais facedeo acompañados ou acompañadas por unha persoa adulta da vosa familia)
Tamén vos deixamos o enlace a Sociedade Española de Ornitoloxía (SEO)... Na súa páxina web podemos encontrar cousas como estas...
- Vídeo sobre as aves nos nosos barrios
Outra opción para seguir aprendendo sobre a natureza, a nosa Terra e os paxaros pode ser acudir aos museos sobre a natureza virtuais.. Deixamos aquí un enlace ao "Museo del Ter"... Que teñen un especial sobre as aves de río... Está xenial! (Pulsades sobre a imaxe para acceder a él!)
E que mellor que celebrar a Terra, a natureza, os animais que facendo debuxos dos propios paxaros: aquí vos queda unha páxina para acudir a ela se queredes debuxar paxaros:
Antes de terminar queremos recomendarvos outro libro: e este si que podedes lelo en Internete e desfrutalo estes días... Gracias a Editorial Pintar Pintar por compartir estes contidos para estes días que temos de ficar en casa...
Xa que terminamos cun libro recordarvos que mañá, 23 de abril, é o día do libro... E estamos preparando unha entrada moi especial neste blog para celebralo... Xa sabedes: mañán Candeanina esperavos aquí para festexar o dia do libro!