Hoxe estivo na nosa biblioteca o autor do conto "A alcaldesa vermella"... O alumnado de 1º e 2º de EP escoitou ao autor do libro que leron nas últimas semanas nas aulas... Fixeronlle preguntas... Falaron do conto... E, por suposto, levaron o seu libro firmado por O Hemato!
Amosando publicacións coa etiqueta Encontro autores b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Encontro autores b>. Amosar todas as publicacións
luns, 7 de marzo de 2022
mércores, 15 de maio de 2019
Encontro con Fran Alonso
O escritor, editor e xornalista Fran Alonso estivo na biblioteca para falarnos das catro patas do seu gato, que é poeta.
Falounos da música de Martín Codax e Mendiño, de Rosalía, de Uxío Novoneyra e do silencio do Caurel; tamén de Celso Emilio Ferreiro e das cousas que non nos gustan e que poden ter cabida nos poemas.
Recitamos, rapeamos e xogamos coas palabras...
E, como a poesía é diversa, para rematar o alumnado de 3º e 4º de primaria representou unha danza poema cun dos poemas de Fran Alonso que prepararon coa profe Chus.
Moitas grazas Fran por encher a nosa biblioteca de palabras, de música, de moitos silencios e de maxia.
luns, 18 de marzo de 2019
Iago López e o Cociñeiro Martiño
Iago López volveu a nosa biblioteca, desta vez para presentarnos "O cociñeiro Martiño e as cenorias desaparecidas" e, coma sempre que nos vén visitar, pasámolo xenial!
Moitísimas grazas Iago
por unha xornada tan estupenda!
venres, 1 de xuño de 2018
Encontro con María Canosa
Rematamos o Mes das Letras coa visita de María Canosa á nosa biblioteca.
Falounos da importancia dos lectores porque sen nós, dixo, os seus libros non terían sentido, dos premios Xerais, do respecto á diversidade e como non, dos protagonistas dos seus libros: nenos e nenas (dos que non sabemos a idade) con curiosidade, iniciativa, honrados e xenerosas que ao seu carón teñen un animal que lles fai compañía.
Respondeu ás preguntas e á curiosidade que tiñamos e con ela pasamos unha mañá estupenda.
Encontro con María Canosa by Slidely Slideshow
Por todo isto, e máis...moitas grazas María pola túa visita!
Por todo isto, e máis...moitas grazas María pola túa visita!
martes, 29 de maio de 2018
Iago López, eu conto, ti cantas
Iago López viu á escola a semana pasada para contarnos Eu conto, ti cantas... de María Victoria Moreno.
As nenas e nenos de 1º e 2º de primaria xa coñecían as historias e os seus personaxes porque o traballoron na aula
pero poder escoitados na voz Iago foi moito mellor,
foi estupendo!
Se che gustou o conto
ben cho agradezo.
Quero mandarche un bico
máis un consello:
fai como Iván
busca o amor nos ollos
doces dun can.
Etiquetas:
Animación á lectura,
Encontro autores,
Letras Galegas 2018
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


