O alumnado de 1º da ESO do IES Carlos Casares estivo na nosa escola e con eles celebramos o bicentenario do Museo do Prado grazas as súas propostas de traballo.
En educación infantil poideron gozar dunha sesión de contacontos, en 1º e 2º xogaron coa poesía,
Todo comezou hai aproximadamente un ano, despois dos devastadores incendios que se produxeron na nosa comarca, cando desde o CEIP Escultor Acuña se nos propuxo colaborar nun proxecto común: educando no monte.
Desta vez os incendios tocáronnos moi de cerca e precisabamos ofrecerlles un canal onde poideran expresar o seu rexeitamento, estudar as causas e consecuencias dos mesmos, que medidas se poden tomar para a rexeneración dos bosques e como podemos colaborar.
Iniciamos o noso traballo sementando landras. Arturo, o conserxe que colaborou con nós, amosounos o lugar onde se atopa o carballo na nosa escola. Alí recollimos as landras para a futura reforestación.
O Día Internacional da Poesía e dos Bosques Anxo Moureensinounos como amar e respectar a natureza.
Nesta andaina estiveron con nós:
CEIP A Paz- Tintureira
CEIP Alfonso D. Rodríguez Castelao (Navia)
CEIP Eduardo Pondal
CEIP Escultor Acuña
CEIP Josefa Alonso (Matamá)
CEIP O Pombal
CEIP Sobreira - Valadares
Case rematado o curso pasado, e de cheo metidas na preparación na actividades de reforestación e abrazo ao monte, convocamos entre os distintos centros participantes un concurso para elexir o logo que representaría a actividade
Dos tres finalistas...
Saiu elixido o logo de Amet, da nosa escola.
Ao inicio deste curso puxémonos Mans á obra cun obradoiro de pintura de camisetas co logo premiado.
Un lienzo creado coas nosas pegadas foi pasando de cole en cole ata chegar ao Monte dos Pozos. Con el quixemos agradecer á Comunidade de Montes de Vigo a súa inestimable colaboración.
E por fin chegou o gran día. O venres 19 de outubro en Valadares, xusto enfrente do CEIP Sobreira-Valadares, levamos a cabo a plantación dos carballos. Nesta repoboación contamos coa colaboración de Montes de Vigo e do alumnado do IES Valadares que fixo de guía e apoio.
E rematamos esta xornada cunha cadea humana no Monte dos Pozos onde cantamos xuntos a adaptación de " Ven conmigo" de María Fumaca e asistimos ao concerto de Cé Orquestra Pantasma. Tamén se leu o manifesto elaborado polo alumnado de 5º de primaria do CEIP Alonso D. Rodríguez Castelao.
Aquí podedes ver unha pequena mostra do acontecido.