Amosando publicacións coa etiqueta Preguntoiro científico. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Preguntoiro científico. Amosar todas as publicacións

martes, 4 de maio de 2021

Exposición sobre A Biodiversidade e xa chega... O Preguntoiro Científico!!!

 Vos deixamos, a modo de resumo, as imaxes da exposición sobre Biodiversidade de Ecoloxistas en Acción que está a pasar polo noso cole desde onte...
















Con esa excusa Candeanina ten preparadas unha serie de preguntas e unha serie de retos para investigar máis sobre que é iso da Biodiversidade... Non só imos a aprender moito... O imos a pasar xenial: xa chega o Preguntoiro Científico!







martes, 3 de abril de 2018

Preguntoiro científico do mes de abril

Imos co Preguntoiro Científico do mes de abril.


 Para o alumnado de educación infantil:

 Para o alumnado de educación primaria:



Tedes un mes a partir de hoxe mesmo.

Animádevos!

luns, 5 de febreiro de 2018

Preguntoiro científico

Ola, pequenas investigadoras e investigadores!

Comezamos o noso Preguntoiro Científico, onde vos propoñemos cuestións que debedes resolver en familia  ou na escola, de maneira voluntaria. Haberá unha pregunta ou dúas para o alumnado de infantil e outra para o alumnado de primaria. Serán mensuais e as podedes ver na corcheira da entrada da escola e no blog da biblioteca. 








As fichas onde cubriredes a información estarán á vosa disposición na "caixa espacial" que temos na planta baixa do colexio. As respostas as meteredes na caixa. Tedes de prazo máximo un mes a partir do día en que apareza pregunta na corcheira.













 É importante que lembredes estes consellos:

Publish at Calameo


Esperamos as vosas respostas!

mércores, 5 de abril de 2017

3º PREGUNTOIRO CIENTÍFICO

Imos co Preguntoiro Científico do mes de abril.


 Para o alumnado de educación infantil:

Que acontece cando botamos auga 
aos caramelos de cores?
 






Para o alumnado de educación primaria:


Como farías para obter un fluído non "newtoniano"?


Desta volta non hai escusa!!

mércores, 1 de marzo de 2017

2º PREGUNTOIRO CIENTÍFICO

Aí vai o Preguntoiro Científico do mes de marzo!



Para o alumnado de educación infantil:

Por que se derrete a manteiga?



Para o alumnado de Primaria:

Por que endurecen os ovos cando se ferven?




Veña, tedes un mes a partir de hoxe mesmo.

Animádevos!



martes, 7 de febreiro de 2017

PREGUNTOIRO CIENTÍFICO

Ola, pequenos investigadores e investigadoras!
Neste mes de febreiro comezamos o noso Preguntoiro Científico, onde vos propoñeremos cuestións que debedes resolver en familia de maneira voluntaria. Haberá unha pregunta para  o alumnado de infantil e outra para o alumnado de primaria. Serán mensuais e as podedes ver na corcheira da entrada da escola e no blog da biblioteca. 






As fichas onde cubriredes a información estarán á vosa disposición na “cociña” que temos na planta baixa do colexio. As respostas as meteredes na pota . Tedes de prazo máximo un mes a partir do día en que apareza pregunta na corcheira.


 

É importante que lembredes estes consellos:


Leer más publicaciones en Calaméo


Veña animádemos, 
esperamos as cosas resposas!