Amosando publicacións coa etiqueta Lingua galega. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Lingua galega. Amosar todas as publicacións

venres, 17 de abril de 2020

Candeanina le o cómic "Carriandola"

Estamos no mes de abril: o mes do libro... E xa sabedes que algúns dos tipos de libros favoritos de Candeanina son os cómics...

De feito, estes días, anda lendo o último cómic pubicado por Aira Editorial, Carriandola, un cómic pensado para todos os públicos, obra de Aloysius e Simón Blanco, que narra as aventuras dunha heroína moi especial: a nena Mariña. Podedes acceder ao comic nun enlace da seguinte páxina, premede aquí. Ou sobre a imaxe:



Alen disto, a mesma editorial ten na súa páxina web unha unidade didáctica para continuar aprendendo a partir da lectura do libro... A podedes encontrar aquí ou premendo sobre a imaxe:




luns, 23 de marzo de 2020

sábado, 24 de febreiro de 2018

Día de Rosalía: Tendal de Novas Follas

Celebramos o Día de Rosalía cun Tendal de Novas Follas, iniciativa que partiu da Concellería de Normalización e á que nos sumamos na escola.

                   



Un tendal con follas que contiñan versos de Rosalía de Castro e versos que o propio alumnado creou para a ocasión.






Os máis pequenos e pequenas da escola coñeceron a Rosalía de Castro e o seu rostro acompañounos estes días. 


Un tendal para Rosalía,
para a poesía,
para a nosa lingua 
para as nosas árbores 
e para os nosos versos...



24 de Febreiro: Día de Rosalía by Slidely Slideshow

Música:"Rosalía pequeñina" Uxia